Aysha
de Fon Cortizo
Aysha é unha nova e enérxica voz que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar unha sociedade expectante trala primavera árabe.
A Primavera árabe devolveu as rúas a unha xeración que se sentía allea á realidade xordana. Pouco quedou de aqueles días onde o descontento faciase visible en Amman. Aysha recita ideas de cambio en poemas que atacan á indiferenza. As súas palabras en inglés esquivan a unha censura máis interesada nos versos en árabe.
Meses atrás, Aysha renunciou ao seu traballo para emprender un proxecto creativo, loitando contra asbarreiras e resistencias dun mundo masculinizado.