Letters through the wall

de Fon Cortizo
Durante a pasada Guerra entre Gaza e Israel no verán de 2014, Basem e Tal escríbense diariamente. El palestino, ela israelita. Ambos viven o conflito desde diferentes lugares pero comparten ideas sobre unha posible solución.

Un Basem impotente segue as novas da guerra desde Barcelona, cidade que o acolle desde que tivo que fuxir do campo de refuxiados de Jan Yunis. Os seus artigos contra o islam político provocaron que a súa casa fose atacada con granadas. Basem decidíu afastarse do seu país e da súa familia, para protexela.
Tal Nitzan vive en Tel Aviv. Fai anos axudou a Basem a atopar o xeito de
abandonar Gaza a través do programa de escritores acollidos do Pen Club Catalán. A casa de Tal estremécese cando as bombas que chegan de Gaza son repelidas pola Cúpula de Ferro israelita. Ela pensa no horror que a familia de Basem estará vivindo en Jan Yunis.
No campo de refuxiados gazatí, vive a pequena Tal. O seu nome é hebreo porque o seu avó quería agradecer así a axuda que lle ofreceu unha poeta israelita, Tal Nitzan. Basem aínda non coñece á súa neta que naceu pouco despois da súa chegada a España. Entre eles, 4000 km de mar Mediterráneo..