Americano




de Fon Cortizo
Con 16 anos, Emanuel Xavier subsistía nas rúas de Manhattan como prostituto e vendedor de droga. Hoxe é unha das voces máis representativas da escena de Spoken Word de New York.
O Pai de Emanuel Xavier abandonou á súa nai despois de saber que estaba grávida. Con tres anos, Xavier foi vítima de abusos sexuais por parte dun familiar. Aos 16, a súa nai botouno de casa. Nas rúas de New York, gañaba a vida como prostituto e vendedor de droga nalgúns dos clubes do circuíto gay, como The Sound Factory ou Roxy NYC.
Tras abandonar a escena de clubes, comenzou a traballar nunha librería onde descubríu a súa pasión pola poesía que acabaría cambiando a súa vida. Xavier asegura que a poesía é a “saída para liberarse da dor e a ira”