Xas Films é unha produtora independente aberta ao mundo

 

Contrafaces.

Unha poeta inicia unha viaxe interior ao descubrir que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutro idioma por un poeta islandés e unha poeta canadiana.

 

Aysha

Aysha es una joven y enérgica voz que emerge con fuerza en Oriente Medio. La poesía y la creatividad son sus armas para cambiar una sociedad expectante tras la primavera árabe.

 

Letters through the wall

Durante a pasada Guerra entre Gaza e Israel no verán de 2014, Basem e Tal escríbense diariamente. El palestino, ela israelita. Ambos viven o conflito desde diferentes lugares pero comparten ideas sobre unha posible solución.

Abrir novos camiños

En Xas Films apostamos por películas con alma, capaces de traspasar fronteiras con discursos atrevidos e novidosos. Formamos parte de festivais como Visions du Réel, Zinebi, L´Alternativa, Play Doc, Cineuropa, Edimburgh International Film Festival, CinAlfama Lisbon International Film Festival, Voix Vives, Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine Invisible de Bilbao, Downtown Urban Arts Festival…

Reel

Facer películas imposibles é unha obriga; hai que romper un ovo para crear un universo

Nas nosas películas hai lugar para a poesía, así empezou todo, xogando a traducir versos en imaxes, buscando significados ocultos entre as liñas. Unha nova película é un novo universo no que rexen as súas propias normas, un poema que crea o seu propio abecedario, unha nova linguaxe nada do silencio. Xas Films é a nosa coartada, a tapadeira para continuar dándolle forma ao caos.

A Procesión das Xas é unha antiga lenda galega, unha procesión nocturna das almas dos vivos que dormen. As almas cargan un cadaleito e se tes a sorte de cruzarche con elas verasche a ti mesmo. Dependendo da distancia á que estea a túa alma do cadaleito na procesión, morrerás antes ou despois. A imaxe é sempre un espectro. Xas Films, fabricamos espectros.